Pintamos dereitos e deberes
Os dereitos da infancia son aqueles dereitos que teñen as crianzas e a mocidade polo mero feito de nacer. Son dereitos innatos, irrenunciables e esenciais para unha boa infancia, polo que son obrigatorios. Os deberes son as actitudes que se esperan de todos os seres humanos, independentemente da súa orixe, etnia, idade ou condicións de vida e que son elementais para poder vivir en paz e con dignidade. A vindeira semana a ludoteca abre só o luns e o martes e mediante murais e debuxos traballaremos esta temática.
- Luns 4: PINTAMOS DEREITOS (mural dos dereitos).
- Martes 5: PINTAMOS DEBERES (mural dos deberes).
- Mércores 6: PECHADO. FESTIVO NACIONAL
- Xoves 7: PECHADO (PONTE)
- Venres 8: PECHADO. FESTIVO NACIONAL
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).