A ludoteca de Moaña reinicia o seu servizo despois do peche temporal motivado pola situación pandémica actual.
Dada a mellora da situación epidemiolóxica e tras a publicación a nova normativa, o vindeiro luns 29 de marzo (coincidindo co comezo das vacacións escolares de Semana Santa), a ludoteca abre as súas portas en horario de 09:00 a 14:00 horas, desta vez co protocolo readaptado á nova normativa derivada da situación epidemiolóxica.
Ademais das medidas hixiénico sanitarias expostas no seu protocolo Covid-19, a actividade desenvolverase cunha capacidade máxima do 50% do aforo e cos socios e socias participantes divididos en grupos de catro no interior e seis nas actividades no exterior. Por este motivo é imprescindible reservar días e horarios de asistencia cun mínimo de un día de antelación.
Para a semana que denominamos A PASCUA, a programación será a seguinte:
- – Luns 29: COELLOS DE PASCUA (obradoiro).
- – Martes 30: TRES EN RAIA (obradoiro).
- – Mércores 31: CHICKEN CRAFT (obradoiro).
- – Xoves 1: PECHADO. FESTIVO NACIONAL
- – Venres 2: PECHADO. FESTIVO NACIONAL
- – Luns 5: BECHOS DE CARTOLINA (obradoiro).A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).