Relato gañador I Certame de relato curto en Igualdade Lonxa Literaria
Dende a Concellaría de Igualdade e para pechar co I Certame de relato curto en Igualdade Lonxa Literaria – Concello de Moaña vimos de publicar un pequeno libro que recolle o relato gañador desta primeira edición, “Pan para desdentados” da autora María Salinas.
Esta edición foi financiada pola área de Lingua da Deputación de Pontevedra ao abeiro da Subvención de actividadesde dinamización da lingua galega da Deputación de Pontevedra 2020. Nesta ocasión acompaña a edición na súa portada unha ilustración da mestra e ilustradora Luz Beloso que de xeito desinteresado entregou para esta edición. Unha ilustración alegórica que atrapa nunha soa imaxe a alma do relato.
Farase unha entrega a todos os centro de ensino e institutos de Moaña, bibliotecas e puntos de lectura da localidade para que cando se volvan abrir, poder estar a disposición da veciñanza. Se alguén quere algún exemplar físico do mesmo poderá solicitalo ao enderezo electrónico igualdade@concellodemoana.org e daráselle cita para recollelo no Concello.