Subvención Liña 3. Plan Concellos 2022
EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS.
COFINANCIAMENTO DA CONTRATACIÓN DE 24 TRABALLADORES
A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 11.02.2022, concedeu ao Concello de Moaña unha subvención por importe de 223.714,51 euros, ao abeiro da Liña 3: Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais do Plan Concellos 2022, destinada ao cofinanciamento da contratación de 24 traballadores desempregados a xornada parcial de 32,5 horas semanais, coas categorías profesionais e meses de contrato que se indican:
CATEGORIA PROFESIONAL | Nº TRAB. | Nº MESES CONTRATO |
---|---|---|
OFICIAL ALBANEL ENTERRADOR | 1 | 6 |
PEÓN OBRA PUBLICA | 4 | 6 |
PEÓN ESPECIALISTA MEDIOAMBIENTE FORESTAL | 2 | 6 |
PEÓN MEDIOAMBIENTE-FORESTAL | 4 | 6 |
PEÓN ESPECIALISTA XARDINEIRO | 2 | 6 |
AXUDANTE XARDINEIRO | 3 | 6 |
LIMPADOR/A PARQUES | 2 | 6 |
LIMPADOR/A COLES | 6 | 4 |
TOTAIS | 24 |
Custo total: 255.157,37 euros.
Subvención concedida: 223.714,51 euros.
Aportación municipal: 31.442,86 euros.