Festas

As festas e os eventos populares que teñen lugar en Moaña son unha mostra do carácter alegre e aberto dos seus habitantes, que celebran de forma especial as festas patronais da Virxe do Carme e de San Martiño; pero que tamén teñen tempo para as romarías tradicionais e as exaltacións gastronómicas dos seus produtos.
Así mesmo, o Entroido Moañés ten sona en toda Galicia e o Festival Intercéltico é xa un clásico dentro da oferta musical e cultural tanto de Galicia como de España.
Mercado Municipal: ten lugar todos os mércores e sábados do ano pola mañá na explanada do paseo marítimo que hai detrás da praza de abastos.