UN SAMAÍN DE MEDO

Achégase o 31 de outubro, día no que se da a benvida a unha das noites máis tradicionais galegas. En gaélico, Samhain significa “fin do verán”, pois os antigos celtas o celebraban nese momento de transición do estío ao inverno. É tamén a noite na que os druídas celebraban unha festa celta para honrar aos ancestros a través de numerosos ritos.

Este ano, a pesar de non poder realizar ningún tipo de festa na ludoteca polas recomendacións sanitarias, non imos quedar sen celebrar durante toda a semana este ritual con numerosas actividades e obradoiros.

A programación diaria será a seguinte:

  • Luns 26: MONSTROS DE CARTÓN (obradoiro).
  • Martes 27: TEAS DE ARAÑA (obradoiro).
  • Mércores 28: TARXETA MONSTROSA (obradoiro).
  • Xoves 29: ADORNOS TERRORÍFICOS (obradoiro).
  • Venres 30: PECHADO

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).