Regulación dos Cemiterios Municipais ante a festividade de Todos os Santos e de Defuntos
O Concello de Moaña vén de adoptar unha serie de medidas en consonancia coas recomendacións aprobadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, para garantir a apertura segura dos cemiterios municipais de Trigás e Domaio.
- Os cemiterios municipais permanecerán abertos dende as 10 h. ás 20 h., ao obxecto de que as visitas se realicen de xeito escalonado.
- O tempo máximo de permanencia no camposanto será de 30 minutos.
- Os grupos de visita serán dun máximo de 4 persoas, sexan da mesma familia ou convivintes.
- As persoas voluntarias de Protección Civil controlarán o acceso aos cemiterios municipais de Trigás e Domaio.
- Deben respectarse os carteis indicativos instalados, así como os circuítos de entrada e saída aos camposantos.
- Obrígase á desinfección das mans no acceso, para iso instalaremos dispensadores de xel hidroalcólico nas entradas aos cemiterios, así como en espazos habilitados no interior dos mesmos.
- Lémbrase o uso obrigatorio de máscara en todo momento e a necesidade de manter a distancia mínima interpersoal de 1,5m.
- Non se realizarán celebracións litúrxicas nos Cemiterios Municipais.
- Recoméndase á veciñanza que adianten as visitas ao Cemiterios aos días previos á celebración da festividade de Todos os Santos e Día dos Defuntos, para evitar aglomeracións.