XXXVI Festival Intercéltico do Morrazo

Cartel do XXXVI Festival Intercéltico do Morrazo, organizado polo Concello de Moaña, que terá lugar os días 10 e 11 de outubro, e que contará nesta edición cos concertos de Tiruleque, Pepe Vaamonde Grupo e Leilía.
Como gran novidade, e para que non volo perdades, esta edición será emitida en directo en streaming aberto a través desta mesma canle de Facebook e da plataforma Tolemias.
O Festival celebrarase cumprindo todas as medidas sanitarias nunha carpa instalada no paseo marítimo de Moaña con aforamento para 300 persoas. As entradas poderanse adquirir de balde a partir do martes 6 na oficina de turismo de Moaña e as sobrantes a partir do xoves 8 por pasarela dixital, de todo isto vos manteremos informados.
Cartel: Diego Seixo

PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DA COVID-19
1. Se non te atopas ben, queda na casa e non asistas a ningunha das actividades organizadas.
2. Lembra que é imprescindíbel o uso de máscara para acceder a calquera función ou evento da nosa programación.
3. Lava as mans antes de acudir a algunha das nosas actividades. Nos accesos a estas, poñemos á túa disposición dispensadores de xeles hidroalcólicos desinfectantes.
4. Mantén a distancia de seguridade co resto de persoas participantes. Pola nosa banda, facilitaremos a agrupación de conviventes.
5. Segue as indicacións da organización, sobre todo en canto á xestión do aforo autorizado e ao acceso e saída graduados que garantan a distancia entre persoas.

#XXXVIFIM #culturasegura