Subvención Liña 2. Gasto Corrente.
Plan Concellos 2021
A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 18.03.2021, concedeu a este Concello unha subvención de 65.427,30 euros, ao abeiro da finalidade gasto corrente novo, da Liña 2, do Plan Concellos 2021, para o cofinanciamento do servizo de limpeza viaria deste Concello durante 3 meses do ano 2021.
O Concello ten subcontratado o servizo de limpeza viaria coa Empresa Urbaser S.A.
- Subvención concedida 93,23 % do custo total para 3 meses……… 65.427,30 euros.
- Cofinanciamento do Concello 6,77 % do custo ……………………….. 4.748,04 euros.
- Custo total do contrato con Urbaser SA durante 3 meses…………… 70.175,34 euros.
Moaña, 15 de abril de 2021
A alcaldesa
Leticia Santos Paz.