Axudas Para Os Sectores Mais Afectados Pola Pandemia
Plan Concellos 2021
A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 21.05.2021, concedeu a este Concello unha subvención por importe de 100.000,00 €, con destino ao financiamento das axudas contempladas nas bases reguladoras denominadas “Bases específicas da convocatoria de axudas do programa reactiva Moaña”, cun orzamento polo mesmo importe, no marco do Plan Concellos 2021-liña 2 axudas para os sectores mais afectados pola situación pandémica.
A través deste programa “Reactiva Moaña” o Concellocomprométese a promover no ano 2021 unha liña de axudas para a reactivación económica e social da localidade, destinada aos establecementos de hostalaría, axencias de viaxes, ximnasios ou similares, destinada a protección da actividade e o emprego local, e paliar as incidencias que provocaron as medidas acordadas pola Xunta de Galicia e polo Estado para conter a pandemia do Covid 19.
Moaña, 15 de abril de 2021
A alcaldesa
Leticia Santos Paz.