Subvención para custos de dotación de persoal para tarefas de información en oficinas de turismo.

A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 26.03.2021 concedeu a este Concello unha subvención de 5.857,03 €, equivalente ao 75% do custo da contratación, para a contratación dunha persoa para a realización de tarefas de información na oficina de turismo.

Esta subvención concédese  ao abeiro “Bases reguladoras das subvencións en concorrencia competitiva para o financiamento dos custos da dotación de persoal para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas do ano 2021”. (BOPPO nº 27 de 10 de febreiro de 2021)