Ludoteca: A paisaxe no inverno

EXTERIOR RETOCADO

Coa entrada da nova estación chega tamén o Nadal, e por iso na ludoteca imos cambiar a decoración para prepararnos para estas datas que tanto nos gustan a nenos e maiores. Ademais, tamén realizaremos algún obradoiro de adornos para a árbore de Nadal da casa.

Así:

  • Luns 14: DECORAMOS DE INVERNO (cambio de decorado)

  • Martes 15: SACOS DE AGASALLOS (obradoiro de adorno para a árbore de Nadal da casa)

  • Mércores 16: DECORAMOS DE NADAL (decoración típica destas datas)

  • Xoves 17: ADORNOS DE ESTRELAS (obradoiro de adorno para a árbore de Nadal da casa)

  • Venres 18: POSTAL DE NADAL (obradoiro dunha postal de Nadal de reciclaxe).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel