Maio florido

Comeza un novo mes e con el a tradición dos MAIOS.

En épocas remotas en Galicia celebrábase a chegada da primavera e a fin do cru inverno; propiciaban, deste xeito, que houbese unas boas colleitas.

Na actualidade, os Maios son una manifestación folclórica que festexa a fin do inverno e no que se constrúen figuras con elementos naturais acompañados de paus, coplas e cancións irónicas e críticas.

Na ludoteca queremos lembrar esta tradición cun estilo lúdico e educativo á vez.

 

 

  • Luns 2: OS MAIOS (explicación da tradición e caracterización con margaridas e xestas).
  • Martes 3: BAILE DE CINTAS (bailes con cintas e paus con música tradicional galega).
  • Mércores 4: POEMAS E COPLAS DOS MAIOS (´creación dun libro de poemas e coplas).
  • Xoves 5: AMAIO FRUTAL (obradoiro dun maio con material de refugallo e adornos de froitas).
  • Venres 6: SAÍDA AO PALCO DA MÚSICA (asistiremos ao conto teatralizado sobre o mundo das abellas: A historia da abella Meli, impartido por Faia Educación Ambiental).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir des horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento da inscrición.

Máis información na ludoteca ou no teléfono 986315038 (tardes).

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel