ANUNCIO LIÑA 2. GASTO CORRENTE

ANUNCIO.
Co obxecto de dar cumprimento ao requisito de publicidade da subvención correspondente á Liña 2: Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes, concedida a este concello pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2018, para o cofinanciamento da actuación “Gasto corrente novo servizo de limpeza viaria Urbaser S.A.”, faise saber:

SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN AO CONCELLO PARA O COFINANCIAMENTO DA ACTUACIÓN “GASTO CORRENTE NOVO SERVIZO DE LIMPEZA VIARIA URBASER S.A.”, DENTRO DA LIÑA 2: AMORTIZACIÓN, PAGAMENTO DE DÉBEDAS E GASTOS CORRENTES, DO PLAN CONCELLOS 2018.

 

A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 16.03.2018, ten concedida ao Concello de Moaña unha subvención por importe de 94.400,07 euros, ao abeiro da finalidade gasto corrente novo, da liña 2, do Plan Concellos 2018, para o cofinanciamento do servizo de limpeza viaria deste Concello durante 5 meses.

O Concello ten Subcontratado o servizo de limpeza viaria coa Empresa Urbaser S.A. Esta subvención da Deputación Provincial servirá para financiar o 80,71% do pagamento dos gastos de funcionamento do servizo de limpeza viaria contratado con esta empresa durante cinco meses do ano 2018.
-Custo do contrato do 15.01.2018 ao 14.06.2018.................116.958,88 euros.
-Subvención concedida, 80,71% do custo...............................94.400,07 euros.
-Cofinanciamento do Concello 19,29% do custo......................22.558,81 euros.

Moaña, 1 de abril de 2018.

A alcaldesa
Leticia Santos Paz.

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel