Rechouchíos de setembro e outubro

Este venres 21 de setembro, na Biblioteca Pública Municipal de Moaña, en Quintela, ás 18.00, imos ter a Marta Ortiz e Os contos da festa no faiado. Homenaxe a María Victoria Moreno.

 

 

A integrante da Tropa de Trapo, Marta Ortiz, tráenos esta sesión de contos para achegar ás nenas e aos nenos a figura de María Victoria Moreno, ao seu mundo divertido cheo de amor pola lingua galega, os animais, as viaxes, o mar... Contos ateigados de preguntas para que o público interactúe, inventando e enchendo de vida os contos contados.

Esta actividade está orienta para nenas e nenos a partir dos 4 anos de idade e a súa familia e conta co financiamento do programa Ler conta moito.

 

 

O venres 14 de setembro, na Axencia de Lectura Municipal de Domaio, ás 18.00, imos contar coa presenza de Pavís Pavós que nos traen Contos que veñen e van.

 

 

Viñeron voando, pousáronse nas nosas orellas, entraron e agora sabemos historias de medo, de amor, de sorpresa, de xigantes e ananos, bruxas e trasnos, apócemas máxicas, viaxes marabillosas, princesas e dragóns... historias que contamos e van pousándose e entrando noutras orellas para seguir o camiño.

Esta actividade esta orientada para nenas e nenos a partir dos 4 anos de idade e a súa familia e conta co financiamento do programa Ler conta moito.

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel