Deportes e mocidade

Ludoteca: English Campus

londres

A Ludoteca Municipal de Moaña continúa co horario de verán, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca.

No verán viaxamos máis aproveitando as vacacións da escola. E se imos ao estranxeiro precisamos saber outro idioma que non sexa o noso. Por iso con ENGLISH CAMPUS pretendemos familiarizarnos mediante o xogo con palabras e expresións que nos poden ser de gran utilidade. Deste xeito:

  • Luns 30: ENGLISH TRAINING (ambientación da ludoteca en inglés)

  • Martes 1: TEATRO EN INGLÉS (pequenas obras en inglés)

  • Mércores 2: COCIÑA EN INGLÉS (receta básica en inglés)

  • Xoves 3: XOGOS EN INGLÉS (xogamos empregando o inglés)

  • Venres 4: BRITISH MUSIC (coñecemos e xogamos con música inglesa)

Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Triatlón Moaña 2014

cartel triatlon

Cursos na Casa da Mocidade

LOGO CASA DA MOCIDADE

O Concello de Moaña mediante o Programa Actívate da Deputación ofrece os seguintes cursos para mozas e mozos durante o ano 2014.

  • COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES

  • TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS

    DESTINATARIOS: preferentemente persoas de entre 16 a 35 anos residentes no municipio. Sempre que queden prazas vacantes tamén se admitirán maiores de 35 e doutros municipios.

DURACIÓN: 40 horas

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

  • Modelo de solicitude (obtense na Casa da Mocidade, ou na páxina web da Deputación de Pontevedra).

  • Fotocopia do DNI

PRAZO DE INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: do 6 de agosto ó 6 de setembro de 2014 na Casa da Mocidade, teléfono 986315457, de luns a venres de 9 a 14 horas.

Caixón de xastre

cacharela

 

CAIXÓN DE XASTRE é o nome co que esta primeira semana das vacacións de verán comezaremos a xogar na ludoteca. Serán varias as actividades e temáticas que realizaremos, todas co xogo e a diversión como premisa. Así:

  • Luns 23: TRADICIÓNS DE SAN XOÁN (lendas de san Xoán, herbas típicas para o cacho e xogos).

  • Martes 24: GRILANDAS DO VERÁN (elaboramos grilandas de verán para adornar a ludotecas).

  • Mércores 25: TABOLEIRO DE ANUNCIOS (elaboramos un taboleiro para informar de actividades importantes do Concello durante o verán).

  • Xoves 26: XOGOS DO VERÁN (xincana de xogos).

  • Venres 27: BOLBORETA EN FLOR (obradoiro dun xogo de habilidade).

Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ludoverán: programación

ludoteca

A Ludoteca Municipal de Moaña comeza a partir do luns 23 de xuño co seu horario de verán, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca.

A programación de LUDOVERÁN é a seguinte:

  • Do 23 ao 27 de xuño: CAIXÓN DE XASTRE

  • Do 30 de xuño ao 4 de xullo: ENGLISH CAMPUS

  • Do 7 ao 11 de xullo: SHOWS TV

  • Do 14 ao 18 de xullo: MUNDIALITOS DO VERÁN

  • Do 21 ao 24 de xullo: PICNIC

  • Do 28 de xullo ao 1 de agosto: XOGOS DE...

  • Do 4 ao 8 de agosto: MIRA QUE ARTE

  • Do 11 ao 14 de agosto: CIENCIA FÁCIL

  • Do 18 ao 22 de agosto: TRIBUS URBANAS

  • Do 25 ao 29 de agosto: SEMANA VINTAGGE

  • Do 1 ao 10 de setembro: FIN DO VERÁN

Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel