Xa chegan as vacacións de Nadal e a ludoteca cambia o seu horario:
Dende o día 22 e decembro ata o 7 de xaneiro abriremos das 9.00 ás 14.00 horas.
Os nen@s poden asistir 10 HORAS Á SEMANA repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. PARA FACERSE SOCIO/A É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca
A temática LUDONADAL deste ano será a seguinte:
-
LUNS 22 – LOTO-NADAL: Obradoiro de xogo da loteria con motivos navideños
-
MARTES 23 – TARXETAS DE FELICITACIÓN:Felicitacións de Nadal creativas feitas con papel de cores.
-
MÉRCORES 24 – PECHADO
-
XOVES 25 – PECHADO
-
VENRES 26 – EASY BELLS: Obradoiro de campás orixinais para colgar na árbore de Nadal
-
LUNS 29 – RECEITA: BONECO BRANCO:Receita sinxela de cociña. Boneco de neve con galletas e chocolate branco
-
MARTES 30– FIN DE ANO: Festa temática. Obradoiro de gorros e colares para a festa. Xogos e bailes.
-
MÉRCORES 31 – PECHADO
-
XOVES 1 – PECHADO
-
VENRES 2 – ANINOVO 2015!:Ximcana con preguntas sobre o acontecido na ludoteca durante ano 2014 e probas divertidas.