Xa está dispoñible a listaxe de admitidos para as Semanas Lúdicas do Nadal
Prema na seguinte ligazón:


1 de Decembro ás 17:00 horas
Salón de plenos do Concello de Moaña
ADICAM “Sobrevivente de Cancro “
Dna. María Martínez Piñeiro, traballadora social.
AFAMO “O impacto da discapacidade no núcleo familiar:
A enfermidade de Alzheimer”.
Dna. Lina Fernández Rodríguez, psicóloga.
AFIMO “A fibromialxia ligada coa discapacidade e o afán de superación”.
Dna. Marta Rial Vidal, presidenta de AFIMO.
AGAELA “Unha aproximación á Esclerose Lateral Amiotrófica”.
Dna. Pilar Guimeráns Gallego, vogal de Agaela.
ANEDIA “Diabetes Tipo 1: descoñecida, invisible e esixente”
Dna. Carolina Estival Río, vicepresidenta de Anedia.
DISCAMINO “Que ninguén che diga que non podes”
D. Jesús Valverde, vogal de Discamino.
DOA Saúde Mental: “Doa nunha ollada”.
D. Jesús Piñeiro Rodriguez, vogal de Doa Saude Mental.
EMMO “Un día con esclerose múltiple”.
Dna. Leo Rodriguez. Presidenta de EMMO.
APROPARK “A outra cara do Parkinson”.
Dna. Begoña Cerqueiro, presidenta de Parkinson Pontevedra.
Superhéroes do Morrazo “Como abordar a chegada dun Superheroe á familia”.
Dna. Mapi Fernández, vicepresidenta de Superhéroes do Morrazo.
XOGA “A perda auditiva. Detección Precoz e Recursos”.
Dna. M® Jesús Monterde García, presidenta de XOGA.
Ceddd Galicia “Os novos beneficios da Lei de Dependencia”.
Don Victor Regueira Castro, traballador social.

O mércores 15 de novembro inauguramos a exposición ‘O Herbario de Rosalía‘, ás 20.00 h, na Casa da Mocidade de Moaña. Anxo Angueira falaranos do libro editado co mesmo nome pola Fundación Rosalía De Castro.
A exposición ‘O Herbario de Rosalía‘ vai estar aberta ao público desde a inauguración ata o sábado 25 de novembro incluído de 17 a 21 h na Casa da Mocidade (excepto o domingo 19 xa que este espazo está pechado).
A mostra consta de 40 imaxes dos 150 pregos que conforman o Herbario físico creado polas profesoras Isabel Fraga Vila e María López Sández. As 40 imaxes do Herbario divídense en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e outras flores, plantas e especies comestibles. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. Acompáñao un vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalía e a proxección da totalidade dos pregos.
